DJ Favio + Wöyza|Hip hop

12/Oct/2013 - 11:30pm

DJ Favio + Wöyza|Hip hop

Wöyza

(Moaña, 1984). Artista de hip hop, soul e R&B. Crece na cidade de Vigo, berce onde entoou as súas primeiras melodías. De raíces uruguaia e de sentimento galega, os seus gustos sempre foron moi definidos e Bob Marley, Aretha Franklin, Joan Baez, Whitney Houston... as súas primeiras influencias. Despois virían Wu-Tang, Notorious BIG e compañía... os Fuggess con Lauryn Hill, Mary J Blige, Faith Evans, India Arie, Nina Simone, Mos Def, Talib Kweli... Alicia Keys... e o seu retorno ao soul máis clásico con Donny Hathaway, Ray Charles, Anita Baker, Gladys Knight

O 14 de marzo do 2009 estréase en Vigo na Sala A o seu esperado directo no cal participaron Dani Reus, todo o elenco de Licor Kafé e o Payo Malo. Ligada ao movemento hip hop soul portugués, Wöyza comeza a aparecer na MTV portuguesa (chegando a número 1) por mor dun videoclip, en colaboración cos Dealema, "Segunda Vinha" do disco Vimperio, e por formar parte de Imperio Norte, primera formación galaico-portuguesa. "Tempos de muller" é chamado "himno da muller galega" e con este tema xira por varios puntos de Galicia en actuacións procuradas pola Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia. Chega a tocar incluso en París. No 2009 actuou en Lorient (Francia) con El Puto Coke e Seilaesencia para representar a Galicia no Festival Intercéltique de Lorient.

DJ Favio É un coñecido DJ da escena galega, aplica o turntablism a tódolos xéneros musicais, desde o hip hop ata o drum and bass pasando polo soul, funk, dubstep, electro, mombathon e tódolos clasicos. Desde os 18 anos acompaña nos pratos a artistas do panorama nacional como El Puto Coke, Wöyza, El Payo Malo, Gran Purismo, El Sicario e Anxo Lorenzo, actuou ademais con numerosos artistas da escena galega e portuguesa. Leva pisados máis de 100 escenarios ao longo de toda a xeografía española, participou na Gira España 2010 con Wöyza, e actuou no estranxeiro. Zúric, Casablanca, Lorient, Oporto, Viana do Castelo e Illa Terçeira (Açores) son algúns dos lugares onde deu concertos.